Quen somos?

InteRed é unha ONG de Desenvolvemento creada en 1992 pola Institución Teresiana para impulsar, desde a sociedade civil, unha Rede de Intercambio e Solidariedade entre os grupos sociais, pobos e culturas. A nosa misión é colaborar na transformación da realidade socioeconómica actual e traballar contra a pobreza, as desigualdades e a exclusión a través de procesos socioeducativos desde o enfoque de Dereitos Humanos e o enfoque de Xénero.

A nosa Organización foi recoñecida pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) como ONGD cualificada. Para iso, superamos un proceso de avaliación, por parte da administración, de 65 criterios cualitativos e cuantitativos en canto ás nosas políticas, sistemas de xestión, experiencia en cooperación e transparencia na rendición de contas.

Traballamos, conxuntamente con máis de 70 organizacións socias de 16 países de África, Asia e América Latina, apoiando máis de 100 accións de desenvolvemento ao ano. As nosas principais liñas de intervención son: Educación Básica, formación e capacitación; xénero e desenvolvemento; gobernabilidade, participación cidadá e fortalecemento de organizacións da sociedade civil; e, para rematar, dereitos da infancia.

As persoas que participan nos nosos programas e proxectos son: profesorado, alumnado, poboacións indíxenas, persoas adultas, especialmente mulleres, comunidades rurais, infancia desfavorecida, persoas animadoras de organizacións de base.

Queremos favorecer o recoñecemento e goce efectivo do dereito a unha educación que sexa inclusiva, de calidade e que ofreza de xeito equitativo a aprendizaxe de habilidades e competencias para a vida a todas as persoas; así como que promova o desenvolvemento integral e empoderamiento das persoas e dos grupos.

Promovemos, tanto a nivel interno da organización, como no traballo coas persoas socias locais, valores como a participación, a corresponsabilidade, a confianza mutua e o traballo en equipo.

En España, no ámbito da Educación para o Desenvolvemento, traballamos en educación formal na formación do profesorado e alumnado de Centros Educativos e coo mocidade universitaria; e en educación non formal realizamos propostas formativas a educadoras e educadores; impulsamos voluntariado nacional e internacional, desenvolvemos campañas de sensibilización co fin de promover unha cidadanía global responsable, crítica e comprometida na construcción dun mundo máis xusto, equitativo e respectuoso.

InteRed ten presenza, a través de delegacións e comités, en 12 Comunidades Autónomas, 28 cidades españolas e 6 delegacións no estranxeiro (Reino Unido, Bolivia, Guatemala, República Dominicana, Perú e Filipinas). Traballamos con 74 organizacións locais dos países do Sur e pertencemos a 4 Coordinadoras estatais de ONGD´s (España, Reino Unido, Bolivia e República Dominicana) e 12 Coordinadoras Autonómicas.

 

AlicanteAndalucía/ExtremaduraAragónÁvilaBadajozBilbaoBurgosCantabriaCataluñaCartagenaCastilla la ManchaCastilla y LeónCiudad RealComunidad ValencianaCórdobaEuskadiGaliciaGranadaJaénLeónMadridMálagaMurciaPuertollanoTeruelToledoReino UnidoSalamancaSede SocialSevilla

Contamos co apoio do voluntariado, socios e socias, doantes e entidades públicas e privadas que cooperan e contribúen con InteRed no desenvolvemento humano das persoas, respectando a dignidade, identidade e cultura de cada pobo.

Beneficiarios

Educadoras, educadores, profesorado, alumnado de primaria, secundaria e universitaria; poboacións indíxenas; comunidades rurais; mocidade e infancia desfavorecida; persoas adultas, especialmente mulleres; lideresase líderes comunitarios e campesiñado.

Áreas xeográficas

  • América Latina: Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Chile, Guatemala, México, Perú, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.
  • África: Camerún, Guinea Ecuatorial e República Democrática do Congo.
  • Asia: India e Filipinas.
  • Europa: España e Reino Unido.

Historia de InteRed

InteRed é unha Organización Non Gobernamental de Desenvolvemento que naceu en 1992 impulsada pola Institución Teresiana, que decide entrar con determinación no mundo da cooperación internacional e as organizacións non gobernamentais, visibilizando con forza, neste ámbito, o compromiso e achegue socio-educativo inherente á misión da Institución Teresiana.

A relación entre a promoción humana, o tipo de sociedade que queremos construír e o proceso educativo que ofrecemos, constitúe un dos elementos configuradores de toda actividade socioeducativa que ten a súa orixe nas raíces da Institución Teresiana, asociación internacional de laicos fundada por Pedro Poveda (1874-1936), ao comezo do S.XX (1911). A construción de sociedades máis humanas, a transformación social, mellorar a calidade de vida das persoas empobrecidas, educar para a cidadanía e os Dereitos Humanos, promover a equidade de xénero e formar axentes multiplicadores son referentes iniciais de inspiración povedana, que hoxe están presentes en todos os nosos proxectos socioeducativos.

De todo este caudal nace InteRed. Os primeiros proxectos aprobados polo padroado en 1993, serían: Dereitos Humanos e Educación en Río de Janeiro (Brasil); desenvolvemento rural en Malaybalay (Filipinas), Educación popular dirixida a mulleres en Cochabamba (Bolivia), Formación e capacitación laboral na Calera (Chile), entre outros proxectos, nos que xa destacaba a súa condición de ONG de Desenvolvemento educativa con enfoque de Xénero e Dereitos Humanos.

InteRed, como Rede de Intercambio e Solidariedade expándese a través dunha Rede de delegacións a nivel nacional. As primeiras en nacer faríano en 1996 en Andalucía, Castela A Mancha, Catalunia, Euskadi e Galicia; ao ano seguinte, nacerían as delegacións da Comunidade Valenciana e Aragón; no 2000 InteRed Castela e León; e as máis recentes InteRed Cantabria e Comunidade de Madrid.

Co fin de ter unha maior presenza e achegamento aos contextos e as persoas socias locais, créanse as delegacións de InteRed Bolivia, Guatemala, República Dominicana e Filpinas. No contexto europeo, InteRed United Kingdom permítenos estender as nosas accións de sensibilización.

O I Plan Estratéxico de InteRed 2002 - 2006 opta pola ampliación da nosa rede de socios locais, mediante a diversificación e identificación de novas organizacións nos países prioritarios de InteRed. Concede unha gran importancia á cultura da avaliación nas intervencións e aposta por potenciar a Educación para o Desenvolvemento.

O II Plan Estratéxico de InteRed 2007 - 2011 establece como meta o chegar a ser unha organización de referencia en Educación desde un enfoque de Dereitos Humanos e de Xénero.

En 2007, a obtención da cualificación pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, supón un recoñecemento e aval á nosa traxectoria de traballo e calidade das nosas accións. Cualificación que foi revisada e aprobada novamente en 2010.

O percorrido foi un traballo de paciencia, de coidado e ilusión para que InteRed medrase e consolidásese e sobre todo, promovese nas persoas un compromiso pola solidariedade que cambie o noso mundo tan inxusto en moitos aspectos.